O pleno extraordinario desbota a maneira de executar as axudas propostas por parte da oposición por consideralas perxudiciais para a economía municipal
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu a “responsabilidade política do grupo popular de Vimianzo para coa veciñanza”. O Concello de Vimianzo decidiu esta mañá no Pleno extraordinario continuar cos cauces legais que amparan as medidas económicas e sociais para saír da crise da covid-19, entendendo que as propostas para modificar as mesmas non teñen sustento económico, …